Polos eclipsados: preparándonos para unha cita co Sol
No marco do noso proxecto de centro "Misión Espacial LABACA" 🚀🌍, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou no programa Polos Eclipsados, unha iniciativa da Consellería de Educación que nos permitiu achegarnos ao apaixonante mundo da astronomía.
Aproveitando a proximidade dun acontecemento moi especial, o eclipse solar que poderemos observar na Coruña o vindeiro 12 de agosto 🌑✨, os nenos e nenas realizaron diferentes actividades para coñecer mellor este fenómeno astronómico, comprender como se producen os eclipses e descubrir curiosidades sobre o Sol, a Lúa e a súa relación coa Terra 🌎🌙☀️.
Durante estas semanas convertéronse en auténticos científicos e científicas, investigando, experimentando e aprendendo dunha forma práctica e divertida 🔭📚.
📸 Mirade as actividades que realizaron:
E como recompensa polo seu esforzo e participación, a Consellería fíxolles chegar un estupendo agasallo 🎁: un certificado astronómico personalizado 📜 e unhas gafas especiais para a observación segura do eclipse 😎🌑.
Agora xa están preparados para vivir esta experiencia única e contemplar o eclipse con todas as garantías de seguridade.
Seguimos coa nosa misión espacial, explorando o universo e aprendendo cada día un pouco máis sobre os segredos do cosmos! 🚀⭐🌌



.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario