Comeza a Misión espacial Labaca!
Estamos moi emocionados de presentarvos o novo proxecto que levaremos a cabo este curso na nosa biblioteca escolar: Misión Espacial Labaca!
O noso querido Leo, a mascota da biblioteca, vai a emprender unha viaxe polo espazo en busca dunha estrela moi especial, cal será?
Será unha aventura chea de misterio e emoción, onde descubriremos xuntos o que agochan as estrelas e os segredos do universo, que iremos descubrindo pouco a pouco a medida que avance o curso.
Pero algo curioso está a suceder estes días nas aulas: apareceron unhas pedras misteriosas que ninguén sabe de onde veñen. Queres descubrir quen as trouxo e que significado teñen dentro da nosa misión?
Non perdas tempo e pincha no enlace para descubrir todo sobre as pedras e axudar a Leo na súa aventura espacial!
Prepárate para embarcarte nunha experiencia única e aprender moito sobre o espazo, a ciencia e a nosa biblioteca. A Misión espacial Labaca xa comezou, e ti es parte dela!
#🐘📚💖
.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario