5ºEI a tope coa #MisiónEspacialLabaca !
Podedes alucinar coa cantidade de cousas que están a aprender en 5ºEI sobre o espazo!
1º) Fixeron esta Lúa tan chula que logo se convertería na Lúa que pasearon nas clases para meter os debuxiños e frases para o mural colectivo.
2º) Velaquí están recibindo unha das pedras que Leo deixou por sorpresa nas aulas!
3º) Tamén tiveron tempo a investigar un pouquiño!
4º) Fixeron os debuxiños para o mural e logo pasaron polas clases coa Lúa xa rematada para colocalos no seu interior.
5º) Fixéronse preguntas e expuxéronas no seu corredor! Pintaron e leron libros da biblioteca! Experimentaron con luces!
6º) E mirade que cohete tan chulo fixeron para decorar a porta da aula!
#🐘📚💖.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario