Concurso Letras Galegas 2026

 


No CEIP Labaca preparamos unha nova edición do noso querido Concurso Letras Galegas 2026, unha actividade pensada para fomentar o amor pola lingua galega, a creatividade e a expresión artística do alumnado.

Con motivo da celebración das Día das Letras Galegas, convidamos a todos os nenos e nenas do centro a participar con ilusión e imaxinación. O concurso conta con diferentes categorías adaptadas ás idades do alumnado e incluirá propostas relacionadas coa escritura.

O obxectivo desta iniciativa é achegar a nosa lingua e tradicións ás novas xeracións dunha maneira divertida e participativa, facendo que o galego siga vivo dentro e fóra das aulas.

Velaquí os premiados:



Grazas por participar e celebrar connosco a riqueza da nosa cultura! 💙


Comentarios

Entradas máis populares