Actividade coordinada intercentros
Esta secuencia didáctica constitúe unha experiencia globalizada e significativa inspirada na obra literaria "Os petos de Loreto", da editorial Kalandraka. A actividade nace da intención de fomentar a curiosidade natural da infancia, a creatividade, a imaxinación e a capacidade de expresión a través da observación, da formulación de hipóteses e da comunicación das propias ideas.
Cada mes, a docente de 5ºEI presenta ao alumnado un obxecto descoñecido extraído simbolicamente do “peto da profe”. O elemento presentado convértese nun detonante para o diálogo, a reflexión compartida, a experimentación e a creación artística e narrativa. A partir del, as nenas e nenos elaboran interpretacións persoais sobre o posible uso, significado ou historia do obxecto, rexistrando posteriormente as súas ideas nunha folla modelo mediante un debuxo e a escritura espontánea. Ademais, inclúese unha fotografía do obxecto real como elemento de comparación e memoria visual.
Esta actividade realízase de maneira coordinada coa aula de Choeira 1 do CRA de Culleredo (A Coruña), permitindo compartir unha mesma experiencia entre dous contextos educativos diferentes: un centro urbano e un centro rural. A comparación das interpretacións e producións do alumnado enriquece a proposta e favorece o intercambio de miradas, experiencias e realidades.
Velaquí unha mostra do que elaboraron:
https://drive.google.com/file/d/134DowbWMoe8stj-kV3d2vHqdZvyY4D3-/view?usp=sharing

.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario