Letras Galegas 2026 - Podcast sobre Begoña Caamaño
Este ano polas Letras Galegas, celebramos a figura de Begoña Caamaño (Vigo, 1964 – Santiago de Compostela, 2014). Foi unha escritora, xornalista, activista e amante da lingua galega. Desde moi nova, Caamaño mostrou un interese profundo pola comunicación: estudou Ciencias da Información e, dende entón, soubo que a súa voz non era para pasar desapercibida. Traballou en medios de prensa
escritos e dixitais, sempre coa intención de facer que o lector pensase, sentise e rira, todo ao mesmo tempo.
En Labaca quixemos homenaxeala como é debido e para iso preparamos múltiples actividades 👌 Ollade que debuxos tan chulos de Begoña fixo o alumnado de 3º de Primaria coa axuda do titor Fernando e que respostas tan orixinais deron á pregunta: "E por que leo?".
Para máis información sobre a autora, pincha no enlace: https://primaveradasletras.gal/
Todo o alumnado de Labaca aproveitou para facer unha das cousas que máis lle gustaba a Begoña, locutar na radio. Por iso, todos os cursos participaron nun podcast sobre a vida da autora que podedes escoitar neste enlace :
👉👉 PODCAST 👈👈


.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario