Día do Libro - 23 de abril - Un libro é unha porta aberta... atrévete a cruzala!
Hoxe celebramos o Día do Libro 📚, unha data moi especial para todas as persoas que amamos a lectura. Esta conmemoración ten a súa orixe no 23 de abril, coincidindo coa morte de grandes escritores como Cervantes e Shakespeare, e foi promovida pola UNESCO para fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual.
O Día do Libro lémbranos a importancia dos libros como fonte de coñecemento, imaxinación e aprendizaxe. Grazas a eles podemos viaxar sen movernos, descubrir novas ideas e entender mellor o mundo que nos rodea.
No noso centro, en Labaca, quixemos celebrar esta data con múltiples actividades cheas de creatividade e ilusión, como as que podedes ver a continuación: recomendacións lectoras, exposicións, xogos literarios e moitas sorpresas máis!
Porque cada libro é unha porta aberta… atrévete a cruzala! ✨
En 5ºA e 5ºB de Primaria saíron ao xardín a ler
1º de Primaria fixo estes libriños amosando a súa historia favorita
6º de Primaria fixo unhas recensións que podedes ver ao pinchar no enlace👇
https://drive.google.com/file/d/1EK3EWWm3LIBhiCTAyjwQAPhpRKEogIlI/view?usp=drive_link
3º de Primaria elabora este mural cos "Selfies de personaxes de libros"













.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario