Xogo de pistas na biblioteca: descubrindo mulleres galegas

 Na nosa biblioteca propoñemos unha nova actividade para poñer a proba a curiosidade, a observación e as ganas de aprender do noso alumnado. Trátase dun xogo de pistas sobre mulleres galegas, que parte dun mural moi especial que temos colocado na biblioteca e no que aparecen diferentes figuras femininas destacadas da nosa terra. 🌟



O reto consiste en investigar, buscar información e relacionar pistas para descubrir quen son estas mulleres e cal foi a súa achega á historia, á cultura ou á ciencia de Galicia. Para conseguilo, o alumnado poderá contar coa axuda de varios libros que temos dispoñibles na biblioteca e que lles darán pistas moi valiosas. 📖







Entre eles atoparán títulos como Pioneiras, Galegas na ciencia ou as biografías de María Pita e Emilia Pardo Bazán, que lles permitirán coñecer mellor a vida e o legado destas mulleres tan importantes. 💡

Con esta actividade queremos achegar ao alumnado ás figuras femininas máis relevantes de Galicia, fomentar a investigación e, ao mesmo tempo, seguir promovendo a lectura como ferramenta para descubrir historias fascinantes.

Aquí deixamos unhas fotiños dalgunhas clases que pasaron por alí!






Animámosvos a participar, a explorar os libros e a poñer en marcha o voso espírito investigador. 🕵️‍♀️📚

💜 Vémonos na biblioteca para resolver o reto!











Comentarios

Entradas máis populares