Visita literaria: autora e ilustradora do libro "O vampiro Ramiro"
Esta semana na nosa biblioteca escolar vivimos unha experiencia… de medo! 😱📚 O alumnado de 1º de Primaria mergullouse na lectura do divertido libro O vampiro Ramiro, unha historia chea de humor, sorpresas e algún que outro susto… pero dos bos! 😄🧛♂️
E por se isto fose pouco, tivemos a enorme sorte de recibir unha visita moi especial 💫: a autora Adelaida Pitaluga e a ilustradora Ana Miranda acompañáronnos nun encontro inesquecible. O alumnado puido coñecer de primeira man como nace esta historia e descubrir algúns dos segredos que se agochan detrás das súas páxinas 📖👀.
Pero a aventura non rematou aí… 🖍️🧛♀️ Da man de Ana Miranda, participamos nun obradoiro de debuxo no que aprendemos, paso a paso, como crear o noso propio vampiro. Houbo colmillos afiados, capas voadoras e moita imaxinación! 🎨✨
Foi unha xornada chea de aprendizaxe, creatividade e, sobre todo, moitísima ilusión 💕. Sen dúbida, unha experiencia que quedará na memoria do noso alumnado.
📸 Non vos perdades as imaxes da visita! Seguro que vos farán sorrir tanto como a nós 😊
Ata a próxima aventura lectora! 📚🚀






.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario