Pequen@s grandes astrónom@s

 O noso proxecto Misión Espacial Labaca 🚀 segue avanzando e, unha vez máis, traemos unha nova entrega da sección Pequenos Grandes Astrónomos” 🌌.



Nesta ocasión é Sofía quen comparte con todos nós información moi interesante sobre os planetas do Sistema Solar 🪐🌍. A través da súa investigación puido aprender e explicar curiosidades sobre cada un deles: os máis grandes, os máis afastados do Sol ou aqueles que teñen características moi especiais.

👉👉PINCHA NESTE ENLACE PARA ACCEDER AO VÍDEO👈👈

Este proxecto está sendo unha experiencia moi importante para o alumnado máis curioso 🔭. Grazas a esta sección teñen a oportunidade de investigar, aprender e compartir cos demais todo o que saben sobre o universo, converténdose por un día en auténticos divulgadores da astronomía.

Nesta entrada poderedes descubrir todo o que Sofía nos conta sobre os planetas e seguir aprendendo un pouco máis sobre o fascinante mundo do espazo.

🌟 Grazas, Sofía, por achegarnos un pouquiño máis ás estrelas e lembrarnos que a curiosidade é o mellor combustible para viaxar polo universo. 🚀✨



Comentarios

Entradas máis populares