8M - Día da Muller - 3ºEP a tope coa #MisiónEspacialLabaca
Dentro das actividades do 8 de marzo, o alumnado realizou diferentes investigacións sobre mulleres relevantes no ámbito da astronomía 🔭✨.
Benvidos ao meu blog! Eu son Leo Labaca, un elefantiño que vive na biblio do CEIP Plurilingüe Labaca. Vinde a visitala! Visita o antigo blog : www.labacabiblio.blogspot.com
Dentro das actividades do 8 de marzo, o alumnado realizou diferentes investigacións sobre mulleres relevantes no ámbito da astronomía 🔭✨.
Descubrimos figuras fundamentais como Valentina Tereshkova, primeira muller en viaxar ao espazo 🚀; Caroline Herschel, pioneira na descuberta de cometas ☄️; ou Henrietta Swan Leavitt, cuxos estudos foron clave para medir as distancias no universo 🌌.
3º EP fixo este tremendo mural co profe Fernando
Foi unha oportunidade para visibilizar o papel das mulleres na ciencia e para comprender que o universo tamén leva nome de muller 💜✨.
Seguimos aprendendo, investigando e dando luz ás historias que merecen ser contadas… porque cada descubrimento é un paso máis cara á igualdade 🌍🌟.
Comentarios
Publicar un comentario