8M - Día da muller - 5ºB fai mira ao ceo!
Na nosa biblioteca escolar estamos moi orgullosos do traballo realizado polo grupo de 5º B, que vén de publicar un libro moi especial: unha recompilación de biografías de mulleres astrónomas que deixaron pegada na historia da ciencia. 📚✨
Da man da súa profe Yoli, o alumnado investigou, leu, seleccionou información relevante e transformouna en textos biográficos cheos de aprendizaxe e admiración. O resultado é un libro que xa forma parte dos fondos da nosa biblioteca e que convida a descubrir historias fascinantes de mulleres que miraron ao ceo… e cambiaron o mundo. 🌍🔭Podes visitar de momento a exposición no mural do segundo corredor e tamén facer clic no enlace seguinte para lelo online:
👉👉Biografías de mulleres na astronomía👈👈
Esta actividade enmárcase na celebración do Día da Muller, pero tamén está directamente relacionada co noso proxecto anual Misión Espacial Labaca 🚀, no que seguimos explorando o universo desde diferentes áreas. Ao mesmo tempo, o alumnado traballou contidos de Ciencias —como o coñecemento do espazo, as estrelas e os planetas— e reforzou a expresión escrita a través do xénero biográfico, aprendendo a organizar información, redactar con claridade e dar forma a textos propios.
Foi unha experiencia completa: ciencia, igualdade, investigación e creatividade unidas nun mesmo proxecto. 💜📖
Parabéns, polo voso esforzo e pola vosa mirada curiosa cara ao universo!
✨ Porque cando coñecemos as historias das que abriron camiño, aprendemos que o ceo non é o límite, senón o comezo. ✨


.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario