Día da Candeloria (efemérides astronómicas) #MisiónEspacialLabaca


O día 2 de febreiro é un día de moitas celebracións: é o Día Mundial dos Humidais, o Día da Marmota e... O Día da Candeloria.

Este día ten unha orixe relixiosa, pero a 🌟nivel astronómico🌟 marca o ecuador do inverno, situándose a medio camiño entre o solsticio de inverno  e o equinoccio de primavera. Esta festividade tradicional está asociada co pronóstico do tempo restante da estación, onde a chuvia ou o sol indican se o inverno rematou ou se queda frío por chegar.

Outra variante do que vedes na imaxe é:

"Cando a Candeloria chora💧, o inverno está fóra; si ri😁, o inverno aínda está por vir".

Eu non sei que pensades ao respecto, pero co que leva chovendo ultimamente parece que o refrán quere dicirnos que vai a parar. Nós non o sabemos de certo, haberá que ver o pronóstico do tempo estes días! 😰


 

Comentarios

Entradas máis populares