Actividade didáctica sobre o Entroido
Hoxe o artesán e investigador Xosé Manuel Seixas Ares visitou o noso centro para desenvolver unha actividade didáctica arredor do Entroido tradicional💥😜🎭, financiada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega 💙
A actividade consistiu nunha charla no centro acompañada dunha exposición de 25 máscaras tradicionais de Galicia e doutros territorios europeos, elaboradas con técnicas e materiais artesanais diversos. A proposta ten como obxectivo achegar ao alumnado o significado cultural do Entroido, coñecer as máscaras e os seus procesos de elaboración, e valorar esta celebración como parte fundamental do noso patrimonio inmaterial, declarado Ben de Interese Cultural no ano 2025.
📸Velaquí unhas fotiños da xornada, na que todos os cursos tiveron a oportunidade de gozar!













.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario