Xa temos a nosa Árbore de Nadal… con aire espacial! #MisiónEspacialLabaca
Un ano máis, a entrada do centro énchese de luz e cor para darnos a benvida ao mes de decembro e á época que máis nos gusta: o Nadal. A nosa árbore de Nadal xa está montada e, como é tradición, todo o alumnado participou colocando o seu adorno especial.
Este curso, seguindo o fío do proxecto “Misión Espacial Labaca”, cada nena e neno elaborou unha decoración inspirada no universo: constelacións, planetas, lúas, estrelas, cohetes… e incluso algún astronauta disposto a explorar a nosa galaxia particular! O resultado é unha árbore única, chea de creatividade e imaxinación, que nos recorda todo o que estamos aprendendo sobre o espazo.
Durante este mes, a biblioteca escolar tamén estará chea de actividades relacionadas coa temática espacial: lecturas, obradoiros, xogos e propostas divertidas para seguir investigando o cosmos. E, por suposto, non faltarán tampouco aquelas actividades que tanto lles gustan aos nenos e nenas por esta época do ano, chea de maxia, ilusión e pequenas tradicións compartidas.
Dámoslle así a benvida a un decembro cargado de aprendizaxes, ilusión e espírito festivo. 🌟🚀
#🐘📚💖

.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario