Theatre in English... An interpretation of Guy Fawkes Night!
O alumnado de 6º de Primaria sorprendeunos esta semana cunha fantástica interpretación da coñecida festividade británica Guy Fawkes Night, tamén chamada Bonfire Night 🔥
Para quen non a coñeza, trátase dunha celebración que ten lugar cada 5 de novembro no Reino Unido. Lémbrase o momento histórico no que Guy Fawkes formou parte dun complot para facer estoupar o Parlamento británico no ano 1605. A tradición celebra que o atentado foi impedido e, dende entón, as familias xúntanse para facer fogatas, lanzar fogos de artificio 🎆 e queimar unha figura que representa a Fawkes.
Na nosa biblioteca, as nenas e nenos de 6º fixeron unha pequena dramatización explicando esta historia e recreando algunhas das escenas máis representativas. Foi unha actividade moi divertida e orixinal, coa que poidemos achegarnos a unha parte da cultura inglesa 📚✨
Este proxecto realizouse coa axuda e ilusión da profe Iria, mestra de Inglés, que traballou co alumnado para mellorar a súa expresión oral en inglés . Grazas a ela, puideron practicar o idioma de maneira creativa e pasalo en grande ao mesmo tempo.
👏 Parabéns ao alumnado de 6º e á profe Iria polo magnífico traballo! Seguiremos enchendo a biblioteca de aprendizaxes, historias e actividades especiais.
📹Ollade o ben que o fixeron! 👇
#🐘📚💖



.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario