Theatre in English (5ºEP)

Durante estes días tan especiais, a biblioteca do centro encheuse de ilusión, creatividade e moito inglés. O alumnado de 5º de Educación Primaria, xunto coa súa profesora, preparou con moito esforzo e entusiasmo unha obra de teatro en inglés que nos fala do verdadeiro espírito do Nadal.

A través desta representación, o alumnado non só traballou a expresión oral en lingua inglesa, pois tamén transmitiu valores tan importantes como a amizade, a cooperación, o respecto e a solidariedade. Cada ensaio converteuse nun espazo de aprendizaxe compartida, onde a confianza, o traballo en equipo e a ilusión foron protagonistas.

A biblioteca transformouse nun pequeno escenario cheo de maxia, demostrando unha vez máis que é un lugar vivo, no que a lectura, a creatividade e as linguas se dan a man para aprender dun xeito diferente e motivador.

Parabéns polo magnífico traballo! 💫
Deixámosvos algunhas imaxes deste fermoso momento que quedará no recordo de toda a comunidade educativa.

📸Bota unha ollada ás fotiños!

















#🐘📚💖


Comentarios

Entradas máis populares