Theatre in English (4ºEP)
O alumnado de 4º de Primaria preparou, na área de Inglés, unha pequena obra de teatro de temática de Nadal. A actividade permitiu traballar o idioma dunha maneira diferente, combinando lectura, expresión oral e dramatización.
As personaxes da obra representan valores propios do Nadal, que aparecen ao longo da historia de forma sinxela e clara. Entre eles destacan a solidariedade, a xenerosidade, a amizade, o respecto ou a importancia de axudar ás persoas que nos rodean. Estes valores, moi presentes tamén nos libros da nosa biblioteca, conectan a lectura coa vida cotiá do alumnado.
A preparación da obra serviu ademais para fomentar o traballo en grupo, a organización e a responsabilidade compartida, ao tempo que se achega o teatro como recurso educativo e cultural.
Desde a biblioteca escolar recollémola como unha actividade máis que contribúe a dar visibilidade aos valores do Nadal e a relacionar a lectura, o teatro e a aprendizaxe das linguas.
👇Deixamos por aquí a súa actuación 👇
#🐘📚💖

.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario