"Recomendadoiro de Nadal"

Chega o Nadal e o alumnado preparou unha selección de obras relacionadas co Nadal, o inverno e os valores propios desta época: a amizade, a solidariedade, a ilusión e a maxia 💫. Hai contos para os máis pequenos, novelas cheas de aventura, historias con humor e tamén libros ilustrados que enamoran á primeira ollada.



Durante esta semana, algún que outro alumn@ achegouse ao recuncho da biblioteca para presentar o seu libro favorito: explicaron por que o recomendarían, que parte lles gustou máis e a quen pensan que lle podería interesar. Foi unha experiencia marabillosa para fomentar a expresión oral, o espírito crítico e sobre todo… o amor pola lectura! 💬❤️📚

Entre as propostas atopamos títulos sobre Papá Noel 🎅, relatos de inverno ❄️, contos clásicos de Nadal, historias sobre a amizade en tempos fríos e incluso algunha aventura con renos e bonecos de neve ⛄

As alumnas de 6º ademais tiveron a ben ir ata 5º de Infantil a contar o seu conto. Encantoulles! Mirade que atentiños!


Estamos a crear unha guía de recomendación de libros de libros recomendados, onde todo o alumnado pode coller ideas para as súas próximas lecturas de vacacións. Agardamos que estas suxestións vos animen a mergullarvos en novas historias durante este tempo tan especial do ano ✨.

📚💫 Grazas a todo o alumnado pola súa participación e entusiasmo! Continuaremos enchendo a biblioteca de voces lectoras e de novas aventuras por descubrir. 

👇Aquí deixamos unha escolma das recomendacións que fixeron o alumnado de 6º e 5º de Primaria👇





#🐘📚💖






Comentarios

Entradas máis populares