Que investigamos este trimestre? #MisiónEspacialLabaca
Con motivo do proxecto “Misión Espacial Labaca”, no que todo o centro está a traballar diferentes aspectos relacionados coa astronomía e o espazo, o alumnado de 6º de Primaria mergullouse de cheo neste tema tan apaixoante.
Para aprender máis sobre planetas, estrelas, satélites e outros misterios do cosmos, empregaron libros da nosa biblioteca e tamén os ordenadores, investigando, contrastando información e descubrindo curiosidades increíbles. Grazas a todo este traballo, prepararon uns proxectos fantásticos, cheos de creatividade e contidos moi interesantes.
Agora estes traballos están expostos no corredor do segundo andar, para que toda a comunidade educativa poida gozalos.
Mirade que fotos tan chulas! Animámosvos a achegarvos e descubrir todo o que aprenderon os nosos pequenos exploradores espaciais. 🌌📚🚀
#🐘📚💖





.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario