Investigación sobre os Dereitos da Infancia e asistencia ao Pleno Infantil Municipal (5º EP)

 O 20 de novembro celébrase o 👧 Día Universal dos Dereitos da Infancia 👨 e o alumnado de 5º de Primaria de Labaca tivo unha oportunidade única para investigar un pouquiño sobre o tema, dado que recibimos unha invitación moi especial do Concello de A Coruña para acudir a un Pleno Infantil o día 27 de novembro, o cal estaría adicado a esta conmemoración. 

Foi unha oportunidade para dar especial relevancia á infancia na axenda pública, reafirmar a vixencia da Convención e poñer a mirada nos cambios necesarios para que o seu contido sexa a realidade para todos e todas.

No artigo 12, fálase da necesidade de darlles a oportunidade de ser escoitados, polo que Jaime, Adrián, Sofía e Clara tiveron que poñerse no lugar dos concelleiros/as, xunto con outro alumnado doutros centros da cidade, para dar voz a un tema que preocupa á infancia: os Dereitos Dixitais. O resto do alumnado acudiu como público nunha xornada do máis enriquecedora.

Pero non vos pensedes que facer un discurso e un Decálogo de Dereitos é tan fácil, para iso tiveron que investigar un pouco sobre o documento da Convención e ao mesmo tempo facer un debate colectivo de aula no que expoñer uns dereitos actualizados sobre temas que lles preocupan.

Enlace da noticia na web do Concello: https://www.coruna.gal/educacion/gl/actualidade/novas/detalle-noticia/o-concello-celebra-o-pleno-infantil-con-140-escolares-que-alzaron-a-sua-voz-contra-a-violencia/suceso/1453906929437

Algunhas fotiños do Pleno 📸









#🐘📚💖

Comentarios

Entradas máis populares