Guía de lecturas para o Nadal
Antes de despedir o trimestre e darlle a benvida ás tan agardadas vacacións de Nadal, o equipo da biblioteca —encabezado pola profe Bego— púxose mans á obra para preparar unha escolma de lecturas pensadas para todas as idades.
👇PREME NO ENLACE PARA VER TODO O QUE SE PROPÓN!👇
Quixemos reunir títulos variados, que viaxan desde a aventura ata a ciencia, pasando polo humor, a poesía, a natureza, a divulgación ou as historias fantásticas. O noso obxectivo é sinxelo: ofrecer ás familias e ao alumnado novas ideas lectoras para que poidades botarlles un ollo con calma e atopar ese libro perfecto que ás veces aparece cando menos o esperas.
Aquí tendes algunhas lecturas que temos na biblioteca sobre o Nadal que están a disposición de todas e todos!
Ademais, algunhas destas propostas poden ser unha opción estupenda para pedirlle aos Reis Magos ou a Papá Noel, ou simplemente para desfrutar dunha boa historia durante os días de descanso.
Agardamos que entre todos estes libros atopedes ese que vos faga soñar, rir, aprender… ou todo ao mesmo tempo. E lembrade: cada lectura abre unha porta nova 🚪🧠
Boas Lecturas e Felices Festas! 🎄✨📚





.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario