ELF ON THE SHELF NA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR! #MisiónEspacialLabaca
Durante a última semana lectiva de decembro, no noso colexio vivimos unha experiencia moi especial grazas á actividade ELF ON THE SHELF, levada a cabo polas mestras de Inglés e enmarcada dentro das actividades propostas polo Equipo de Plurilingüismo 📚🌍.
Esta divertida iniciativa consiste na visita dun trasno (elfo) que, cada día, aparece nun lugar diferente do centro facendo pequenas trastadas 🤭. O alumnado ten que atopalo e descubrir que andivo argallando, o que crea un ambiente de ilusión, sorpresa e moita motivación.
Entre os principais beneficios desta actividade destacan:
-
O fomento do interese pola lingua inglesa dun xeito lúdico e significativo 🇬🇧✨
-
O desenvolvemento da imaxinación e da creatividade 🎨🚀
-
A mellora da atención e da participación do alumnado 🤩
-
A creación de momentos compartidos que fortalecen a convivencia escolar ❤️
Este ano, todas as trastadas do elfo estiveron relacionadas co noso proxecto Misión Espacial Labaca 🛰️🌌, conectando así a actividade co traballo que se está a realizar nas aulas. Ademais, teñen como referencia un libro en inglés que o alumnado pode consultar na biblioteca escolar, ideal para practicar a lectura e seguir aprendendo dunha maneira divertida 📖😊.
🎥 Para rematar, adxuntamos un vídeo no que podedes ver algunhas das mellores trastadas do elfo… Non teñen desperdicio!
Agardamos que vos guste tanto como a nós e que sigamos enchendo a nosa biblioteca de historias, idiomas e maxia ✨📚.

.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario