Actividade de divulgación científica sobre astronomía #MisiónEspacialLabaca
Esta semana o alumnado de Primaria tivo a oportunidade de participar nunha actividade divulgativa do noso PDI: Misión Espacial Labaca. A sesión foi impartida por Óscar Blanco Varela, director do Centro Astronómico de Trevinca e divulgador científico.
Neste obradoiro achegou ao alumnado ao coñecemento do universo, falando do ceo nocturno, estrelas, galaxias e fenómenos astronómicos, con contidos adaptados a cada nivel. Óscar Blanco é un apaixoado da astronomía, fundador da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e con ampla experiencia en divulgación e observación, incluíndo varios eclipses totais de Sol.
Ademais colabora en espazos sobre Ciencia en Onda Cero de maneira semanal e noutros medios de forma habitual.
É "astrofotógrafo" especializado en gran campo e paisaxe nocturna. Tamén é amante das viaxes en busca de paisaxes diferentes, en moitos casos seguindo efemérides como as eclipses totais de Sol (puido observalos en Turquía, China, Australia, Illas Feroe e Indonesia), así como auroras boreais e ceos austrais.
#🐘📚💖

.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario