"Recomendadoiro" (5ºB EP)

 Na nosa sección 🧭 Recomendadoiro, o alumnado ten a oportunidade de recomendar libros aos seus compañeiros e compañeiras co obxectivo de:

  1. Fomentar o gusto pola lectura e descubrir novos títulos divertidos e interesantes.

  2. Compartir opinións e experiencias lectoras entre iguais.

  3. Dar visibilidade ao talento literario e ás historias que nos fan pensar, rir e aprender.

Esta semana traémosvos un libro que non podería encaixar mellor no tema escolar: Como sobrevivir ao cole, escrito por Sara Sepherd.


Trátase dunha guía chea de humor, consellos e situacións cotiás nas que calquera estudante pode sentirse identificado. Fala das clases, dos exames, das amizades, dos profesores e de como superar con boa actitude todos eses pequenos desafíos do día a día no colexio.

Despois de lelo con moito entusiasmo, Lola e Uxía gravaron un vídeo no que nos contan a súa opinión: que lles pareceu o libro, cales foron as partes máis divertidas e por que o recomendan a todos os seus compañeiros e compañeiras.

🎥 Non vos perdades o vídeo que podedes ver a continuación, onde Lola e Uxía nos animan a descubrir este libro tan entretido e cheo de boas ideas para... ¡sobrevivir ao cole!


#🐘📚💖

Comentarios

Entradas máis populares