Visita á Casa das Ciencias e ao Planetario #MisiónespacialLabaca

 Hoxe, o alumnado de 5º de Primaria tivo a oportunidade de vivir unha xornada moi especial dentro do proxecto do centro Misión Espacial Labaca. Para iniciar as súas investigacións e aprendizaxes sobre o espazo, realizaron unha visita á Casa das Ciencias e ao Planetario da Coruña, dous lugares cheos de coñecemento, curiosidade e diversión.

Na Casa das Ciencias, puideron experimentar con diferentes aparellos e exposicións interactivas sobre fenómenos físicos, movementos, enerxía e moito máis. Foi unha maneira estupenda de aprender tocando e descubrindo por si mesmos como funciona o mundo que nos rodea.

No Planetario, viaxaron polo universo sen saír da butaca: aprenderon sobre as constelacións, os planetas do sistema solar, os satélites e moitos outros segredos do ceo nocturno. A proxección deixou a todos e todas coa boca aberta… Parecía que realmente estabamos viaxando polo espazo!

Esta actividade é só o comezo da nosa Misión Espacial Labaca, un proxecto que nos levará a investigar, crear e soñar co cosmos desde a nosa biblioteca e as aulas.

📸 Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada, nas que se pode ver o ben que o pasamos e todo o que aprendemos.




📸Outros cursos tamén pasaron por este lugar tan especial 👇


#🐘📚💖

Comentarios

Entradas máis populares