"Recomendadoiro" (5ºA EP) #DíadasBibliotecas

 Este curso, o noso alumnado continuará facendo unha sección que lle encanta a Leo: o Recomendadoiro! 📚 E que mellor forma que comezar o Día das Bibliotecas!

Que tendes que facer para participar nesta sección? Bota un 👀 ás indicacións! 👇


Será unha oportunidade para descubrir novas historias, xéneros e autores que animarán a todos a disfrutar da lectura 💙

E que mellor maneira de comezar esta actividade que o 24 de outubro, Día das Bibliotecas? Este día é perfecto para lembrar por que as bibliotecas son espazos tan especiais: son lugares onde podemos atopar milleiros de libros, onde a lectura cobra vida e onde todos temos acceso ao coñecemento, á cultura e á imaxinación. Ademais, as bibliotecas son puntos de encontro e aprendizaxe para toda a comunidade, fomentando a igualdade e o crecemento persoal.

Este ano está especialmente adicado a un tema que nos preocupa a todos e todas: a desinformación. E para iso, non hai mellor ferramenta que un libro.



Por iso, esta sección anima a todo o que queira a facer unha recomendación coma esta que fixeron Lucía, Ada, Clara e Lola sobre estas dúas coleccións de libros de "Adele" e "Croqueta y empanadilla":



Anímate a participar! 😉

Xuntos faremos deste curso unha aventura lectora inesquecible!

#🐘📚💖


Comentarios

Entradas máis populares