Comezamos o curso 2025/2026! #MisiónEspacialLabaca

 Boas a todos e todas!

Son Leo, a mascota da biblioteca de Labaca, e compráceme enormemente comezar este curso que nos agarda cousas moi interesentes 👌

En primeiro lugar, seguro que estades impacientes por saber o chula que quedou a biblioteca coas obras e os mobles novos. Pois ben, aínda que xa parece que está todo listo, aínda quedan moitas cousas que debemos poñer en orde antes de abrir ao público. A catalogación de libros e colocación nos mobles parece que é algo sinxelo, pero o equipo de biblioteca está traballando arreo para abrir canto antes 😅. Tede paciencia que axiña chegará ese día!

Pero o traballo que facemos nela durante o curso non vai estar parado! De feito, xa temos tema para o proxecto deste ano: a astronomía. Non credes que é un tema apaixoante, cheo de curiosidades e mil cousas que aprender 🌕🌞🌍✨🌈

Este curso emprenderemos xuntos unha viaxe chamada "Misión espacial Labaca". Bulide, que o cohete espacial non espera por ninguén!



 

Xa vos iremos contando as novidades e actividades que vaiamos facendo. Estade atentos/as a este blog!
#🐘📚💖

Comentarios

Entradas máis populares