Celebra na Biblio de medo o día máis terrorífico do ano!
A nosa biblioteca transformouse estes días nun lugar cheo de misterio e maxia para celebrar o Samaín. A nosa mascota Leo, sempre tan entusiasta, encargouse de decorar o espazo cun toque terrorífico e divertido: teias de araña, cabazas con caras arrepiantes, luces misteriosas e moitos detalles que fixeron tremer —pero tamén sorrir— a todo o alumnado 😈👻💀 como a escolma de libros de Samaín que poderás ver no vídeo!
Fai click no enlace 👇
https://photos.app.goo.gl/m3chGChecF8tqdAB6Durante esta semana, todos os cursos pasaron pola biblioteca para descubrir o novo aspecto de Leo e gozar das actividades preparadas para esta festa tan especial. Un dos momentos máis esperados foi o contacontos, onde escoitamos unha historia fascinante que nos explicou as orixes do Samaín, esa antiga tradición celta que hoxe seguimos celebrando entre sustos e risas.
Outra das propostas máis creativas foi o concurso de gorros de Samaín proposto polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Bruxas, pantasmas, morcegos e cabazas apareceron nas cabezas do noso alumnado, que puxo toda a súa imaxinación a traballar para sorprender ao xurado. Todos os cursos participaron con moito entusiasmo, enchendo o colexio de cor, humor e espírito festivo. Velaquí os gañadores!
Foi unha xornada chea de diversión, aprendizaxe e creatividade, na que lembramos que o Samaín é moito máis ca unha festa: é unha oportunidade para manter vivas as nosas tradicións e celebrar o outono en comunidade.
Bota un ollo 👀 aos disfraces que luciron os alumnos/as de Labaca! Aproveitaron as súas mellores galas para facer "Trick or treat" polas aulas coa axuda de Iria, a mestra de Inglés e en 2º tiveron a oportunidade de facer un "Scape Room" coa axuda de Andrea, a mestra de prácticas da USC.
Como bos galegos/as, non se nos pode esquecer celebrar comendo. Flipa con estas merendas terroríficas! 🥪👻
Grazas, Leo, por facer da nosa biblioteca un lugar tan especial! 🦇📚🎃











.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario