6º de Infantil a tope co Universo! #MisiónespacialLabaca
O alumnado de 6º de Infantil xa recibiu a súa pedra misteriosa e xa comezaron a súa aventura con Leo polo espazo. O primeiro foi coñecer de primeira man onde vivimos: o Sistema Solar. Mirade que chulos quedaron! 🖌🪐🌞
Ademais a estes nenos e nenas encántanlles a bandexas e pescaron algúns astros nas "piscinas espaciais" con moito coidadiño. 💛🎣Sabedes que o noso Sol é unha estrela, pero... Sabedes que non é a máis grande que hai? Parece mentira, non si? O Sol é unha estrela de tipo G, mediana, pero hainas de moitos tipos. Os pequerrech@s tiveron a oportunidade de experimentar con plastilina para facerse unha idea dos tamaños. 🌟⭐







.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario