Xa dispoñible a Revista escolar Labaca

Temos o pracer de anunciar que xa está dispoñible a nova edición da revista escolar do centro 🕮, un proxecto colaborativo no que participou todo o alumnado, desde Infantil ata 6º de Primaria, así como os diferentes departamentos e especialidades: Inglés, Música, Educación Física e Biblioteca.

Este ano, a revista recolle unha mostra das múltiples actividades realizadas ao longo do curso: excursións 🏃, obradoiros 🔬, celebracións especiais 🎄🎃🎉, proxectos de aula 🌼, traballos plásticos ✂, experiencias vividas🎭... Todo iso acompañado de fotos, reflexións, xogos e creacións do noso alumnado.

A biblioteca conta cun espazo destacado, onde se presenta o proxecto dedicado aos Xogos Olímpicos 🏊🎾, que serviu como fío condutor para moitas das propostas lectoras e actividades interdisciplinares desenvolvidas durante o curso.

Cómpre destacar tamén a importante colaboración do alumnado de 6º, encargado de deseñar e elaborar a portada da revista, poñendo así o broche de ouro ao seu paso polo colexio.

Publicaranse varios exemplares impresos que estarán dispoñibles na biblioteca para consulta. Ademais, xa podes ler a revista en liña a través da seguinte ligazón:

👉 https://drive.google.com/file/d/1fC73s0fTZBC04mZRQ5Yd7xnhpxHDBKA1/view?usp=drive_link


Velaquí unha escolma dalgunhas das actividades levadas a cabo ao longo do curso dende a nosa biblioteca que aparece asemade no xornal escolar 👇



Animádevos a botarlle unha ollada e a desfrutar co traballo e a creatividade de todo o cole de Labaca!

#🐘📚💖

Comentarios

Entradas máis populares