Mini- Olimpiadas en Labaca #Olimpicamente
Este fin de curso celebrouse unha actividade moi especial nas clases de Educación Física da profe Yoli: as Miniolimpiadas 2025! Unha iniciativa chea de enerxía, emoción e, sobre todo, de valores deportivos, que puxo o broche de ouro a un curso cheo de aprendizaxes e momentos inesquecibles.
Houbo carreiras, lanzamentos, e o ambiente foi inmellorable. Os sorrisos, os aplausos e o ánimo constante entre grupos deixaron claro que o espírito olímpico tamén vive na nosa escola.
A profe Bego encargouse de inmortalizar os mellores momentos en dous vídeos fantásticos: un co resumo das probas e outro coa entrega de medallas, un instante moi emocionante para todas e todos. Estamos seguras de que vos encantarán tanto como a nós!
Esta actividade non só puxo en práctica os contidos traballados durante o curso, senón que reforzou os valores que fan do deporte unha ferramenta educativa tan poderosa. Grazas, profe Yoli, por facer da Educación Física unha experiencia tan enriquecedora e divertida!
Realización das probas!
👉https://photos.app.goo.gl/vUK1ZPeFZXghQN6YA
Entrega de medallas!
👉https://photos.app.goo.gl/SWotAQ7kyzaJMQA5A
#🐘📚💖
.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario