Letras Galegas 2025 - Pandereteiras e poesía de tradición oral
🎶"Este pandeiro que toco
era de coiro de ovella
onte pacía no monte
hoxe toca que arrabea"🎵
Esta semana estamos a celebrar en Labaca a festa das nosas letras, nesta ocasión, das palabras que cantaban as nosas avoas e bisavoas. Estamos a falar, por suposto, da poesía de tradición oral que nos deixaron os nosos antepasados. Elas son AS PANDERETEIRAS, este ano adicado ás pandereteiras de Mens, a Rosa e Adolfina Casas, Eva Castiñeira e todas as creadoras, conservadoras e transmisoras da nosa poesía popular e patrimonio inmaterial.
Se queredes máis información sobre este tema, preme na imaxe! http://www.seminariogalan.org/
Aquí deixamos unha mostra dalgúns 📚 libros 📚 que hai na biblioteca sobre esta temática e tamén algúns títulos que o alumnado aconsella:
Velaquí vos deixamos unha mostra de todo o que fixemos:
Actuación da asociación Aturuxo coa colaboración do alumnado
Alumnado que fixo homenaxe coas súas mellores galas
Actuación do alumnado de Labaca interpretando "A danza" de Eva Castiñeira
Actuación das pandereteiras de Labaca. Ademais de actuar tamén pasaron polas aulas facendo un obradoiro cos instrumentos galegos.
Fai clic no enlace para ver a súa marabillosa actuación: https://photos.app.goo.gl/9ek94ixNCjQ6Bwij6
En 4ºB fixeron este mural tan chulo!
En 4ºA fixeron lectura e recitado de estrofas e escolleron a súa preferida.
#🐘📚💖











.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario