Gañadores do Certame das Letras Galegas 2025

 Co gallo da celebración das Letras Galegas 2025, no Colexio Labaca propuxemos ao alumnado participar nunha actividade moi especial: 💥 o Certame Literario das Letras Galegas 💥. Unha oportunidade única para que deixedes voar a vosa imaxinación, expresedes as vosas emocións e celebredes a riqueza da nosa lingua a través da escritura.


O certame está aberto a todo o alumnado do centro e consiste en redactar un texto orixinal en galego: pode ser un conto, un poema, unha carta, unha reflexión… O importante é escribir con corazón e en galego 💙


Os textos máis destacados foron premiados. Estes foron os gañadores de cada curso:

Alkyoni (6ºEP) e Olivia (3ºEP)

Mencía (4ºB) e Lucía (5ºEP)

O galego precisa de voces novas que o manteñan vivo. A túa pode ser unha delas. Porque escribir en galego é tamén un acto de amor pola nosa terra.

#🐘📚💖


Comentarios

Entradas máis populares