Visita de Érica Esmorís á biblioteca
Esta nosa biblioteca está tan frecuentada que parece Central Park! E veeeeña visitas literarias, vese que teñen moitas gañas de ver o bonita que quedou coa "chapa e pintura" que lle deron! 😂
Hoxe o alumnado de 1º e 2º de EP tivo a oportunidade de gozar coa visita da escritora Érica Esmorís, que tivo o pracer de presentar o seu libro chamado "Analfabeta" 💚
Este libro é un álbum ilustrado que conta a historia duns nenos e nenas que están a aprender a ler e a escribir, como o noso alumnado do 1º ciclo, e hai algún alumno que aínda non sabe. Isto suporá a aparición dunha palabra fea que non lle gusta a ninguén. Sabedes cal é? Bulide á biblioteca para descubrilo!
Preme no enlace a continuación para ver unhas fotiños! 📷
👇
#🐘📚💖.png)

.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario