Día do Libro - 23 de abril - Un libro, unha aventura
Chega o día favorito do ano de Leo...
📚 O Día do Libro! 📚
En Labaca non paramos e decidimos celebrar este día por todo o alto. Tooodos os cursos fixeron algo para conmemorar este día tan especial.
Agardamos con impaciencia as últimas fotos para elaborar o mural do certame fotográfico. Bulide, que en nada xa comezamos a montalo!
Aquí vos deixamos unha pequena mostra das actividades deste día:
4ºA co seu libro favorito fixo un pequeno coloquio 😊💬
En 4ºB fixeron un mural respondendo á pregunta: "Que é un libro para ti?" 🙀
En 2º fixeron este mural tan chulo 💚
6ºA fixo estes lapbooks tan bonitos sobre Shakespeare ✍
En 6º de Infantil escribiron o título do seu libro favorito e fixeron unhas portadas chulísimas 😍
#🐘📚💖
















.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario