Día do Libro - 23 de abril - Certame fotográfico #Olimpicamente
A piques estamos de poder gozar dunhas merecidas vacacións antes de afrontar o último trimestre do curso e ocorréusenos que as vacacións son un momento ideal para deixar voar a imaxinación e ler, ler moitíiiisimo! 📚
Á volta, xa teremos o Día do Libro enriba, polo que Leo tivo unha idea do máis interesante...
Un certame fotográfico!
Velaquí tendes o cartel, no que o alumnado de sexto aproveitou os raios do sol da pista azul para amosar con creatividade que calquera momento é bo para ler os libros que máis nos gustan!
Que tes que facer para participar?
- Saca unha foto túa lendo en calquera lugar ou momento.
- A fotografía ten que ten un tamaño de 10 x 15 e estar en posición vertical.
- Deixa voar a túa imaxinación e ponlle un título á fotografía.
Con todas esas fotiños elaboraremos un mural moi chulo que formará parte dunha exposición que seguriiño queda moi, moi ben nos nosos corredores.
Anímate a participar!
#🐘📚💖
.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario