Visita de Antía Yáñez á biblioteca

Á nosa biblioteca aínda lle falta para abrires ao público, pero nesta ocasión decidimos abrila por un feito moi especial: a visita de Antía Yáñez 💙




O alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de ler o seu libro "Plan de rescate". Nel, Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Esta é unha historia cargada de aventura, escopetas, amizade... e un plan de rescate. Abraiante, non si? 😱


Aquí tendes algunhas fotiños da visita e da mesa expositora coas obras da escritora. Ademais, o alumnado tivo a oportunidade de levar o autógrafo no seu libro. Toda unha honra!





#🐘📚💖

Comentarios

Entradas máis populares