8M - Día da Muller - A muller na historia dos Xogos Olímpicos #Olimpicamente
Hoxe celebramos o Día da Muller 👭💜 en Labaca e, como non podía ser doutra forma, tamén relacionamos este día co proxecto de biblioteca co que tanto estamos a aprender: "Olimpicamente".
Deste xeito, o alumnado de 6º de Primaria investigou sobre o paso da muller ao longo da historia dos Xogos Olímpicos e a presenza que tivo ata a actualidade. Pensade que nestes últimos xogos de París 2024 houbo por primeira vez máis deportistas mulleres que homes 🙌!
Ao longo do día, pasarán polas clases a contar a historia, pero se queredes botarlle un ollo pola vosa conta, premede na imaxe 💥
Celia, Alkyoni e Amanda contaron esta marabillosa historia. Aquí deixamos unhas fotiños da lectura!
#🐘📚💖




.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario