Entrevista a Carlos Arévalo, medallista olímpico de piragüismo #Olimpicamente

 A semana pasada tivemos a oportunidade de facerlle unha entrevista a Carlos Arévalo, doble medallista olímpico en Tokio e París na modalidade de K4-500 en piragüismo xunto cos seus compañeiros Rodrigo Germade, Saúl Craviotto e Marcus Cooper. 🛶 

Carlos é betanceiro e actualmente atópase en Sevilla nunha concentración coa selección. Ademais tamén é cabo do exército de terra, profesión que lle axuda a compaxinar a súa vida deportiva. 

Nesta entrevista, o alumnado converteuse en xornalista deportivo e fixo preguntas do máis interesantes.

Carlos foi moi amable e non deixou ningunha por contestar. Fala de moitas cousas importantes para ser un bo deportista: traballo en equipo, constancia... Sen dúbida, non vola podedes perder!

Bota unha 👀 á entrevista neste enlace! 🔽

https://photos.app.goo.gl/yGDiyVft64LVQGrLA

Velaquí podedes ver o autógrafo que nos enviou con todo o seu agarimo!


Nós tamén lle enviamos un agasallo xunto con estas dúas creación tan abraiantes 👌



MOITAS GRAZAS, CARLOS! 

#🐘📚💖


Comentarios

Entradas máis populares