PECHADO POR OBRAS

 

Leo puxo o casco de obra 🚧👷e colleu as ferramentas 🔧🔨 para darlle unha man de pintura e arranxar o chan da biblio. É que a nosa biblio ten moitos anos... É centenaria! Por esa mesma razón, xa era hora de poñela a punto, poñela ben bonita!💥

Durante algunhas semanas, estará pechada ao público, pero Leo está tranquilo porque sabe que tod@s vós continuaredes viaxando ao mundo dos libros nas vosas aulas. Tamén estamos dando comezo ao proxecto dos Xogos Olímpicos... En fin, veñen aí unhas semanas mooooi movidas!

#🐘📚💖

Comentarios

Entradas máis populares