"Recomendadoiro" (4º de Infantil)

 Os/as máis pequerrech@s do cole adoran a biblioteca, o lugar onde vive Leo, o elefantiño lector. Xa tod@s pasaron pola formación de usuarios e agora están moi animados coa nova sección do blog. 

A principios de curso, unha familia do curso trouxo o conto "¡Qué jaleo, Timoteo!". Tivo tanto éxito que o alumnado fala del continuamente! Da mesma colección, MIAU, tiveron outros coas mesmas personaxes: o xabaril Timoteo e a forma do texto en verso.



Na biblioteca do cole, atopamos o clásico "El monstruo rosa", para traballar as diferenzas e a diversidade.


"La familia de Basilia" é outro dos libros que viaxaron á súa aula. Seguriño que quedaron tod@s moi abraiados!





#🐘📚💖


Comentarios

Entradas máis populares